domingo, 27 de julio de 2014

Finalizado o curso de Darbuka e Daf con Aniol López


Despois de 8 horas de curso, os asistentes ó curso que Aniol López ofreceu hoxe no Centro Daigaku podenlle dar merecido descanso ós seus brazos e dedos, pois foi un moi intenso cursiño o que recibiron.

Foron explicados e desgranados diversos ritmos característicos de cada un dos instrumentos, xustificados dende a súa procedencia, o cal serve de importante base para que agora cada un traballe o aprendido na súa casa, pois iso é o bon dunha masterclass de calidade: que te vas con deberes para casa.

Agradecer a Aniol López de Moragas o traballo desenrolado hoxe, froito dunha amplísima experiencia desenrollada durante anos a base de traballo e viaxes ós berces destes instrumentos, e a súa atención para que o curso rodara fluidamente. Foi un auténtico pracer contar coa súa presencia que contamos voltemos a ter no futuro.


E agradecer tamén, por suposto, ós asistentes ó curso por vir na víspera do día de Galicia.

Deixámosvos unha pequena mostra do que deu o cursiño de si, con unha pequena montaxe de fotos e vídeos tomados durante a tarde de hoxe.




lunes, 14 de julio de 2014

CURSO DE DARBUKA E DAF CON ANIOL LOPEZ


CURSO DE DARBUKA E DAF CON ANIOL LOPEZ

O próximo 24 de xullo, o percusionista Aniol López impartirá un cursiño de Darbuka Turca e Daf Persa. o horario será un intensivo de 8 horas, comezando ás 10 para acabar ás 14 pola mañá, e de 16 a 20 pola tarde.

O Prezo será de 80 euros por persoa, e haberá prazas limitadas debido ó espazo de que se dispón.

Mellor que describir o que fai este xenio da percusión é velo e oilo

Coa darbuka:


E co Daf:


O cartaz do curso:



jueves, 10 de julio de 2014

Violín e Fiddle: Puntos en común.



Debido a que no Centro Daigaku se imparten as dúas disciplinas, pareceume convinte comezar unha serie de artículos nos que se fai referencia a estos dous aspectos que se poden atopar na interpretación diste instrumento.

Iste que se vai a mostrar é unha traducción que fixen dun artículo que escribiu Gordon Swift na revista Strings Magazine en marzo de 2006. Pareceume interesante no senso de que fai fincapé non nas diferencias que hai entre os dous estilos, senón nos puntos en común que posúen e en como se retroalimentan entre eles.

Jose Varela, director e mestre de violín e fiddle no Centro Daigaku de Lugo.



APRENDER A DIFERENCIA ENTRE VIOLIN E FIDDLE

Violín é para música clásica e jazz, namentras que o fiddle é para folk, country e bluegrass. Pero é isto certo?
(Por Gordon Swift, posteado na revista Strings Magazine en marzo de 2006).



Se me desen un dolar por cada vez que me preguntan nun bolo dunha boda ou nunha cafetería se o que toco é violín ou fiddle, podería deixar o meu traballo diario e pasar máis tempo tocando o meu…en fin…violín ou fiddle. Normalmente contesto “en realidade é o mesmo instrumento, simplemente a música é distinta”. Xa sabes, violín é para música clásica e jazz namentras que o fiddle é para folk, country e bluegrass.

Pero é realmente certo? A portada da revista “Strings” anuncia que é “para intérpretes de violin, viola, chelo, baixo e fiddle”, coma se o violín e o fiddle estivesen separados e fosen distintos.

Logo cal é a diferencia? Dende que eu me considero un bo coñecedor do que é un violin, a pregunta que me ferve no miolo é “Qué é un fiddle?”.

No departamento de musicioloxía, The New Grove Dictionary of Music and Musicians define “fiddle” como “un termo xenérico para calquera cordófono (instrumento de corda) tocado cun arco”. Este instrumento inclúe o violín e moitos outros instrumentos tan diversos como o “goge” de unha corda da Africa Subsahariana, que é un instrumento feito usando de caixa de resoancia una media cabaza cuberta con pel de iguana ou boa; o “sarangi” do norte da India, que se toca cas uñas das mans e que ten 35 cordas simpáticas; e o “rebab”, un fiddle feito sobre una estaca, cun son temploroso que flota na cima dos metalófonos nas orquestas gamelanas de Java e Bali.
Os intérpretes clásicos occidentis a menudo usan “fiddle” como un termo cariñoso do violin, en íntima compaña de colegueo. Pero nos Estados Unidos, moito máis a miúdo fiddle significa o violin usado na música tradicional de Irlanda, Escocia e Francia e en todos os estilos descendentes da música americana: apalache, bluegrass, cajún, etc.

Superficialmente, este tipo de música é técnicamente menos complexa que o violin clásico (ainda que ás veces moi rápida!). Moitos intérpretes de fiddle nunca deixan a primeira posición. Pero a técnica de fiddle esixe moita habilidade, producindo ritmo e melodía coa intención de facer que a xente se erga e baile, e manter á xente diste xeito todo o tempo. Incluso cando estamos simplemente escoitando unha peza de fiddle, estamos a mover o corpo, ou seguindo o ritmo cos dedos ou movendo a cabeza rítmicamente. O énfase  tende a conducirse rítmicamente e flotar sobre a melodía seguindo formas básicas, a menudo seguindo un esquema AABB.

Esta simplicidade estructural abre un amplo abano de variacións e improvisacións, sobre as que o artista do fiddle vai facendo matices de arco e sutiles variacións coas que as engañosamente simples pezas se volven distintas do que inicialmente eran.
Hai outra tradición fiddle, con moi diferentes principios ou valores, na música afro-americana. Aquí, violín e fiddle mézclanse de moi interesantes maneiras.
Antes de que o jazz e o blues xurdiran no século XX, xa había unha longa tradición de bandas de cordas de xente de cor que usaban o fiddle e o banjo moito máis que a guitarra. Xa entrando nos anos 20 e 30, as bandas de corda incluían o violin nas súas grabacións.

Por exemplo, o dúo central dos Mississippi Sheiks, unha das bandas máis populares diste estilo (e creadores do tema clásico “Sitting on Top of the World”), eran Lonnie Chatmon no violin e Walter Vinson na voz e guitarra. E una grabación do ano 1928 dos Johnson Boys tiña ó guitarrista e fiddler Lonnie Johnson reclamándolle ó seu instrumento “Violín, canta o blues por min!”.
Esta liña tamén serve como título para unha colección de bandas de música de cordas afro-americanas con elocuentes notas históricas feitas polo productor Marshall Wyatt.

Hoxe en día, o son áspero e afiado distes intérpretes serían incluídos no campo do fiddle, aínda que eles debían de usar o nome “violin” para diferenciar a súa música do vello estilo de baile figurativo acompañado do fiddle (nunhas notas nunha recopilación de temas dos Mississippi Sheiks, un membro da familia Chatmon decía sobre as anteriores xeracións de músicos “naqueles días eles non se facía chamar violinistas, facíanse chamar fiddlers”).

As últimas bandas representaban cancións orixinais con violín acompañante nun novo estilo de blues que toma a voz como o seu modelo, tocando ó unísono acompañando ó cantante. Incluso durante os sós instrumentais, o violín fai respiracións, se toma pausas e fai longas notas mantidas. Os tempos son xeralmente relaxados, dando ós intérpretes espacio para facer despegar una gran riqueza de técnicas violinísticas, tocando en posición altas, amplos slides, vibratos, trémolos ou pizzicatos.

Neste momento, chamarlle “violin” non significa que esta música sexa seria e formal. Nas coleccións de Wyatt pódese atopar a James Cole no violin no tema “Adan and Eve” con Tommie Bradley cantando “Adán e Eva/no xardín do Edén/seguramente sacudiran aquela cousa, oh si/seguramente sacudiran aquela cousa”. (“Adam and Eve/in the Garden of Eden /surely must’ve shook that thang, oh yeah!/surely must’ve shook that thang.”). E xusto cando pensas que pillache o nome do instrumento, chega a Memphis Jug Band, con un membro da banda instando a Charlie Pierce en “Memphis blues”: “Ah, afina ese fiddle!” (“Aw, have a fit on that fiddle!”).


Tomando libertades
En contraste cos estandares do violín clásico occidental, o estilos de violín e fiddle europeo-americanos e afro-americanos mostran una ampla variedade nas que os intérpretes axustan e collen o instrumento. Poden poner a ponte máis plana para facer con máis facilidade dobles cordas ou fana máis baixa que a “norma clásica” para ter una acción máis doada. Algún intérpretes de fiddle collen o arco unos centímetros máis arriba da noz ou apoian o mastro do violín na palma da man esquerda. Outros moitos usan técnica que os clásicos considerarían que está lonxe da técnica clásica de interpretación.
Cando eu toco en momentos socias como bodas, toco varias pezas que é difícil encadrar na categoría de fiddle ou violin (debe ser por  eso polo que a xente me pregunta qué instrumento estou a tocar).

Por exemplo, durante o preludio dunha boda na que os invitados se estaban a xuntar, estaba tocando algo como un aire irlandés e outras pezas tranquilas para calmar os nervios que tiña todo o mundo. Entón, xusto antes da marcha nupcial, a miúdo toco a miña propia version do tema de trompeta en Re de Henry Purcell. Feita así, diste xeito, dame a opción de facer moita doble corda usando cordas ó aire e sons amplos, intensificando o momento entre os asistentes. 

Niste punto, tomándome estas liberdades nunha composición clásica, estou a tocar violin ou fiddle?. Eu mesmo non estou seguro.

Outro tema complicado de categorizar é o valas “Sobre las Olas”, unha melodía simple que parece cobrar vida por si mesma, viaxando a través do clásico, do popular, e dos idiomas populares dende que foi publicada por primeira vez en 1884 por Juventino Rosas. Foi un violinista mexicano nado nuha familia pobre de músicos indios Otomi.

Despois de mudarse para a Cidade de Mexico, Rosas acadou moito éxito na súa curta vida (morreu con 26 anos) como compositor de música de salón para a aristocracia. O seu traballo incúe esta peza que está dentro do estilo dos valses vieneses que estaban tan de moda naquela época. Posteriormente, “Over the Waves” converteuse nun hit nos Estados Unidos quedando moi vinculada á Lawrence Welk Orquestra, cos seus pulidos e clásicos violinistas.

Escoitei por primeira vez este tema a mediados dos 50, interpretada por unha orquesta de estudo, como banda sonora dos debuxos animados “Popeye o Mariño” que eu vía na clásica televisión en branco e negro da miña familia. Despois, en 1969, o gran Kenny Baker de Nashville incluíu a súa versión co fiddle con una banda de bluegrass no álbum xa clásico “Portrait of a Bluegrass Fiddler”.

Namentras, en pequenas vilas a ambas beiras da fronteira Mexicana, lonxe das cámaras de televisión e dos estudos de grabación, “Sobre las Olas” era un tema obrigado en bailes sociais e bodas. Abenicio Montoya de Santa Fe, Novo Mexico, a interpreta nese estilo nas grabacións recollidas en “La Música de los Viejitos: Hispano Folk Music of the Rio Grande del Norte”. Este fermoso conxunto de libro e tres CD, escrito e producido por Jack Loeffler, enfocase nos músicos tradicionais hispanos (incluíndo varios violinistas) de Novo Mexico e Colorado do sur. 

Seguindo este camiño podería conducir de xeito natural cara a Arizona  e ó “old fiddle style” de Tohono O´odham (os indixenas que están a cabalo entre a fronteira dos Estados Unidos e Mexico). Pero eso debería de ir en outro artículo diferente!

Algunhas das músicas máis interesantes sempre xurdiron de cruzar os límites convencionais do momento no que viviron, e eses intérpretes con prodixiosas habilidades técnicas sempre estiveron moi atarefados facendo esas colaboracions entre o límite violin-fiddle.

Estou seguro de que o repertorio de violin clásico vivirá para sempre, así como ese vasto espectro de temas que son claramente para o fiddle.

Pero coma nun estuario no que a auga salgada e a doce se mezclan, sempre haberá un rico territorio no que o violin e o fiddle se mezclen, e a xente sempre se preguntará sobre cómo se debería denominar o instrumento.