viernes, 25 de septiembre de 2015

Mestres e Mestres: Arpa, Con Alba Barreiro.

E chegamos á Arpa. 

Este ano contamos coas inestimables aptitudes interpretativas, docentes e persoais, de Alba Barreiro.


Dispós da info da nosa mestra de arpa aquí: http://centrodaigaku.es/estadas/cv/alba

No caso de que non dispoñas dunha arpa, non será problema: no Centro Daigaku estamos a barallar as seguintes posibilidades.

Unha delas é o estudio no propio centro. No caso de que o desexes, poñemos á túa disposición a arpa da academia para que poidas vir a ensaiar ata 3 horas á semana, en función da dispoñibilidade do instrumento e das aulas. Esta posibilidade de estudio irá incluida dentro da mensualidade que se pagaría pola clase. É decir: ó pagar pola actividade de arpa terás unha hora de clase semanal e ata tres horas de estudio.

A outra opción que se está a barallar é a de alquilar arpas para poder levar á casa e, incluso, que sexa un alquiler con dereito a compra. Esta última opción é un tema que estamos a tratar con luthiers de arpa.

Polo que ves, non hai excusa para non estudiar este fantástico instrumento.

Poñédevos en contacto con nós para calquera dúbida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario