lunes, 23 de noviembre de 2015

Actuacións dos nosos mestres: Jose Varela de xira en Brasil con Segio Tannus

Imos comezar con novas que reflexarán as actividades non docentes dos mestres que desenrolan a súa actividade no Centro.

Como músicos que son, ademáis de dar clase, os mestres forman parte de proxectos musicais, xa sexa de xeito habitual ou como colaboradores. O que hoxe anunciamos é a colaboración do mestre de violín e zanfona Jose Varela co guitarrista Sergio Tannus, que dende fai un tempo xa non pequeno vive en Galicia, e que fai 3 anos sacou ó mercado o disco "Son Brasilego".


Agora vai a facer unha pequena xira de presentación por diversos puntos de Brasil, e para elo conta coa colabroación de Jose Varela, que o acompañará tocando zanfona, e violín, e facendo algún pequeno acompañamento con percusión tradicional galega.