lunes, 28 de noviembre de 2016

Curso de Defensa Persoal Feminina en Centro Daigaku

Este sábado día 3 de Decembro, celebrarase nas instalacións do Centro Daigaku un cursiño de Defensa Persoal Feminina, que estará impartido por Abraham Rivera, instructor de Nihon Tai-Jitsu, actividade que se está a desenrolar no noso centro dende xa fai un tempo con un notable éxito.



O horario será de mañás OU de tardes, sendo o precio da sesión de 20€. A asistencia poderáse confirmar nos telefonos 659 178 452 e no 982 873 763. Deberase de confirmar a asistencia xa que as plazas en cada unha das sesións é limitada.
Abraham Rivera, que tamén exerce como mestre de Tai Chi en Centro Daigaku, dentro do seu extenso curriculum dentro das Artes Marciais, posúe o 2º Dan de Nihon Tai-Jitsu pola RFEK y DA, é Profesor de Defensa Persoal pola mesma federación, así como 4 veces campeón galego de Nihon Tai-Jitsu.


jueves, 20 de octubre de 2016

Presentación dos mestres. Paloma Suanzes: canto e técnica vocal.

Para nós é unha honra poder contar con unha persoa de tan marcada traxectoria dentro da voz como é Paloma Suanzes.



Dentro do seu extensísimo currículum entran estilos tan variados como o lírico, canción de autor, música folk ou canto coral. Pero o mellor nestes casos é exemplificar, mellor que con palabras, con feitos:

O tema "Lágrima", de Amália Rodrigues e Carlos Gonçalves, no que amosa cómo se pode chegar a lucir un fado:



"O mio bambino caro", como solista coa Coral Xeral Calde e a Orquesta Clásica de Xove:


E para rematar, un tema musicado por ela mesma sobre un texto de Bárbara Primo. "Zéfiro):



Isto é unha pequena mostra, unha punta de iceberg do que pode desenrolar Paloma Suanzes, a nosa nova mestra de Canto e Técnica Vocal.

Podedes atopar o seu currículum aquí.

E xa sabedes, para máis info podedes chamarnos por teléfono ó 
982 873 763, 

por correo electrónico en 
centrodaigaku@centrodaigaku.es 

ou pasándovos polo propio centro na 
Rua Rio Lor 41 baixo.

Esperámosvos!!!

martes, 20 de septiembre de 2016

Presentación dos mestres: Jose Varela

Seguimos presentando ós docentes de Centro Daigaku.

Tócalle a Jose Varela, e o seu curriculum dentro da nosa páxina web podédelo atopar aquí.

Jose é mestre no Centro de violín e fiddle (violín tradicional e folk), percusión tradicional (tamboril e pandereta), gaita, orientación musical e zanfona.

E de este último instrumento, de zanfona, é do que acaba de sacar o primeiro dunha serie de vídeos con arranxos de temas tradicionais feitos para 3 zanfonas. No vídeo atoparedes ó comezo o tema interpretado coas tres zanfonas á vez para, de seguido, ver as voces individualmente:

 

Xa sabedes que podedes informarvos na páxina web, ou pasándovos polo centro ou ben por teléfono ou e-mail.




lunes, 12 de septiembre de 2016

Presentación dos Mestres: Andrés Penabad e o seu novo Videoclip!!!

E como xa íamos anunciando, imos a ir presentándovos ós mestres do Centro Daigaku.

E, neste caso, xa non só co habitual link á nosa páxina co currículum do sin par Andrés Penabad, mestre de Acordeón,  senón que ven acompañado do videoclip do seu último traballo: Bipolar: 




Poderedes atopar info sobre Andrés na nosa páxina web do Centro:

e sobre o seu traballo discográfico na súa páxina web: 

Xa sabedes que podedes poñervos en contacto con nós sobre horarios, tarifas, etc, por 
Teléfono no 982 873 763, 

Por correo electrónico en centrodaigaku@centrodaigaku.es 

Ou pasándovos polo Centro en Rúa Rio Lor 41

viernes, 9 de septiembre de 2016

Novo curso

E aquí estamos outra vez, ainda que podemos dicir que case nin nos temos ido.

Así que como adianto das actividades que seguiremos a facer, e antes de voltar ás presentacións do profesorado, que este ano vai a ter caras novas, deixámosvos co tríptico publicitario do Centro Daigaku.

E reCordarvos que, en Centro Daigaku, NON COBRAMOS MATRICULA DURANTE TODO O ANO!!!!!


 E recordarvos que as actividades do Centro son as Ensinanzas Musicais, as Actividades Físicas e o aluguer de Espazos.

Esperámosvos. Podedes obter información pasando polo Centro na Rua Rio Lor 41, por teléfono no 982 873 763 ou por correo electrónico en centrodaigaku@centrodaigaku.es

lunes, 20 de junio de 2016

Centro Daigaku en A Casa dos Trasnos

Como xa os anunciabamos fai unhas datas, imos concretar: Centro Daigaku vai a facer unha colaboración nos campamentos que organiza no seu local A Casa dos Trasnos.

A Casa dos Trasnos, que como xa sabedes é un centro de ocio infantil situado na Avda. da Coruña, 346 Baixo, realiza para os máis pequenos da casa uns campamentos nos que, ademáis da súa propia xente, colaboramos outros centros da caital lucense, e tiveron a amabilidade de pedirnos unha colaboración nas actividades que se desenrolarán alí entre o 23 de xuño e o 15 de xullo

A actividade que desenrolará o Centro Daigaku será de dar unha introducción ós nenos a diferentes instrumentos musicais, principalmente relacionados coa música tradicional, e farase dun xeito totalmente interactivo.
O calendario será o que ven na ilustración, coa salvedade de que Centro Daigaku estará o luns 11 e non o mércores 13. 


Para calqueira dúbida, podedes poñervos en contacto tanto con eles coma con nós polas canles habituais.

viernes, 15 de abril de 2016

Vídeomontaxe da presentación do Cd de Efraím Díaz "Pito Galego"

Como xa sabedes, o pasado sía 9 de abril fíxose nas nosas instalacións do Centro Daigaku a presentación do Cd de Efraím Díaz "Pito Galego".


Na presentación tamén estiveron presentes algúns dos colaboradores que puxeron o seu gran de area na elaboración (musical) de dito traballo, como Jesús Villarino, que ademáis de aportar algún tema propio tocou tamén o pito pastoril, Francisco Vilas que, ademáis do pito pastoril tamén se arrancou con bombo, e Jose Varela, coaa zanfona, violín e tamboril.

Adxuntámosvos unha videomontaxe de dita presentación, que esperamos que vos guste.


lunes, 4 de abril de 2016

Presentación do disco "Pito Galego" de Efraím Díaz

O próximo sábado 9 de abril, ás 17:00, teremos nas nosas instalacións a honra de ter ó músico Efraím Díaz facendo a presentación do seu Cd "Pito Galego".



Efraím está inmerso na actualidade nunha xira de presentación de este o seu último traballo, e xapasou por outras cidades, ademáis de Lugo, como Ourense, Vigo, Santiago, O Barqueiro, Ferrol, etc.

Éste é o primeriro traballo editado íntegro para pito pastoril galego dende fai máis de trinta anos, e nel se poderán atopar pezas interpretadas, tanto a nivel solista, como acompañado de outros pitos pastoriles ou outros instrumentos, como violín, zanfona, guitarra, percusión, etc, mostrando a amplitude de estilos que pode abranguer o citado instrumento.

Effraím Díaz falará de todo isto e de moitas cousas máis en dita presentación.

Non faltedes!!!

jueves, 31 de marzo de 2016

Videoclip de Jinetes del Trópico

Como xa saberedes algúns, e esperamos que agora, moitos máis, un dos nosos mestres de guitarra, Mike Spinelli, é membro da formación "Jinetes del Trópico", e fai moi pouco veñen de publicar un videoclip do seu tema "Niños Futuro", incluido no seu traballo "Folerpas"

Tamén dende aquí queremos darlles un pequeno pulo para que non só vexades o videoclip senón que cando poidades vos acheguedes a ver os seus concertos a pouco que teñades oportuniade.

Ahí vai o vídeo:


E, para os que queirades ter máis info do grupo, o enlace da súa páxina web e, en concreto, do seu traballo "Folerpas":



jueves, 3 de marzo de 2016

Presentación do disco "Bipolar" do noso mestre de acordeón, Andrés Penabad.

E xa será o segundo! E non con menos ilusión, de seguro.


O acordeonista Andrés Penabad presenta o seu segundo traballo discográfico, “Bipolar”, un disco pensado para o directo, máis persoal e con máis pouso. Farao cun concerto na súa terra natal, As Pontes, este sábado 5 de Marzo ás 21:00h no Auditorio Municipal Cine Alovi, acompañado pola súa banda habitual e algunha outra sorpresa. O día seguinte, o domingo 6, recunca na Festa do Queixo de Arzúa por volta das 18:00h. Non o perdades! Tedes dúas oportunidades na mesma fin de semana. Non hai escusa!

martes, 1 de marzo de 2016

Curso de técnicas de fiddle e violín folk. Así nos foi.

O primeiro, agradecer á xente que logrou achegarse ó Centro. E decimos logrou porque nos consta que houbo xente que debido á nevada se quedou sen vir. Outros non atoparon problema e puideron vir a tomar contacto coas técnicas de fiddle e violín folk que se celebraron dentro do I Ciclo "Coñece o teu instrumento".


Os asistentes traballaron sobre todo a importancia da rítmica dentro da música tradicional, particularmente dos ritmos da tradición galega. Víronse rítmicas características de muiñeira, foliada, e rumba, e, basándose no traballo rítmico, deu pé a ver unha rítmica que non é tradicional da nosa zona pero sí o é na música tradicional do leste: o sete por oito.


Ademáis do traballo rítmico feito coa mand dereita, que da o traballo de arco, víronse as ornamentacións básicas feitas coa man esquerda, que son adornos que se aplican non só na música tradicional galega, senón que son comúns a maioría da música tradicional de fora das nosas fronteiras, acadando un dos obxectivos do curso: proveer de ferramentas ós músicos para poder achegarse non só ó violín tradicional galego senón a calquerira estilo tradicional feito co violín: cajun, música irlandesa, klezmer, etc.

Contentos por achegar un estilo que non se traballa en conservatorios, pero que se demostrou que non só non contamina ningún outro estilo senón que se poden realimentar mutuamente.

Deixámosvos primeiro unha montaxe coas fotos de este curso, e a continuación voltamos a poñer a montaxe do curso impartido por Jose Catoira.

Quedamos á espera da confirmación dos outros obradoiros dentro deste I Ciclo "Coñece o teu instrumento", no que terán cabida máis instrumentos.




Graciñas a todos por vir!!!

lunes, 22 de febrero de 2016

Jose Catoira en Centro Daigaku.

Gozada. Hai que empezar dicindo o primeiro que penso cando recordo a charla de Jose Catoira sobre luthería de corda frotada no Centro, e a palabra que ven á mente é esa: gozada.




Porque é certo que cando organizas algo tes unhas expectativas de cómo vai a sair. Tes medos de que a xente poida vir, de cómo serás capaz de organizalo, e de cómo responderá o "ponente". 
Sobre este último punto hai que dicir que o medo nese caso era nulo. É máis, había grandes expectativas de cómo iba a facer. Sabemos do bo facer de Jose no eido da luthería, e ademáis da súa máis que pribada bonhomía. Pero é que, ó final, superou con creces as xa altas expectativas: clase maxistral de historia constructiva do violín; xenealoxía dos máis importantes luthiers ata os nosos días, coa súa influencia ata hoxe en día; exemplos constructivos, xa que levou instrumentos feitos ou en proceso de fabricación de él mesmo. E, se xa non é pouco, saciou con creces as non poucas dúbidas a nivel de mantemento que todos lle fixemos alí, un auténtico bombardeo que non se limitou a aclarar puntual e individualmente, senón que soubo englobalas nun marco que aclaraba calquera dúbida relacionada ca dúbida inicial, e, sobre todo, por qué se teñen que facer as cousas tal como se fan.




Unha cousa me quedou, a min polo menos, máis clara aínda que antes. A relación de un músico co seu luthier ten que ser a mesma que ten un deportista co seu fisioterapeuta. Non se debe de ir só cando aparece a lesión: haiu que ir para ir prevendo o que pode aparecer e para que che diga o que tes que facer na casa para non te lesionar por facer mal as cousas.

Mil gracias, Jose Catoira, e un aviso para os próximos luthiers: o listón quedou moi alto. Conste que, coas previsións dos profesionais que no futuro próximo se van a pasar, vai a sr un festival de listóns estratosféricos!!!

Deixámosvos con un vídeo feito de recodo da charla.


Graciñas a todos os que se pasaron polo centro para disfrutar de esta charla. E recordade que o próximo sábado 27 de febreiro se celebra a masterclass de técnicas de fiddle ou violín folk. Esperámosvos!!!


lunes, 15 de febrero de 2016

Cambio de horarios en Budo Tai Jutsu de adultos.

Comunicámosvos que, debido a reaxustes de horarios, as clases de Budo Tai jutsu de adultos dos mércores pasan a ser os VENRES, manténdose o horario de 20:30 a 22:00.

Quedan, polo tanto, do seguinte xeito:

Clases de Adultos:

Luns e Venres de 20:30 a 22:00 e Sábados de 11:30 a 13:00

Clases Infantís

Luns e Mércores de 19:30 a 20: 30



Podedes atopar información tamén na páxina da Asociación Cultural Bujinkan Dojo, que é a que desempeña a súa actividade no noso centro no seguinte enlace:

https://bjkakureblog.wordpress.com/2016/02/15/importante-cambio-de-horario/

e tamén, por suposto, e coma sempre, contactando con nós polos medios habituais.

jueves, 11 de febrero de 2016

I Ciclo "Coñece o teu instrumento". En Febreiro: Violín.

Imos a comezar con unha serie de charlas combinadas con cursiños que demos en chamar "Coñece o teu Instrumento", e van a versar sobre varios instrumentos que se irán anunciando a medida que se confirme a súa data.

En qué van a consistir? Sinxelo. Faránse en dúas partes, que se farán en fins de semana distintos:

A primeira correrá a cargo dun artesano ou luthier adicado tanto á súa construcción coma ó seu mantemento. De esta persoa aprenderemos, por unha banda, cómo se constrúe, a saber, o seu proceso detallado de fabricación: qué madeiras se usan e por qué, as técnicas e materiais empregados para facer os seus distintos compoñentes, para qué se colocan en donde van, etc. Por outra, saber cómo e por qué funciona: que partes son as implicadas no seu sonido, qué fai que varíe tanto o timbre coma o volumen, etc. E, finalmente, qué podemos facer nós para ter o instrumento en condicións e mantelo dun xeito correcto.

A segunda parte virá de parte dun instrumentista que dará unha masterclass para explicar os recursos estilísticos propios do instrumento aplicados ó estilo de musica tradicional e folk.

Así que o primeiro instrumento sobre o que se fará dito ciclo será O VIOLÍN, e será levado a cabo polo Luthier Jose Catoira, na parte descriptiva do instrumento, e Jose Varela, da parte de recursos estilísticos.


As datas serán as seguintes:

- Sábado 20 de Febreiro, de 16:00 a 20:00, charla con José Catoira, Luthier, sobre construcción, mantemento, etc.
- Sábado 27 de Febreiro, de 16:00 a 20:00, masterclass con Jose Varela, sobre recursos estilísticos de fiddle ou violín folk. Podedes vir como ouvintes ou alumnos activos

Ambos eventos SON GRATUITOS, e para apuntarvos podedes poñervos en contacto con nós polos medios habituais: e-mail, teléfono ou pasándovos por aquí.

Por certo, neste evento colabora con nós a Asociación Galicia Fiddle

lunes, 18 de enero de 2016

Nova paxina web de Bujinkan Kakure Dojo

Como sabedes, dentro das actividades realizadas no noso centro están as denominadas "disciplinas físicas", e unha delas é o Bujinkan Budo Tai Jutsu.

Dita actividade desenrólse nas nosas instalacións como unha actividade xestionada pola Asociación Cultural Bujinkan Kakure Dojo, a cal leva funcionando na nosa cidade dende o ano 1995 en diversos lugares, ata que acabou radicando nas instalacións de Centro Daigaku.

Recentemente ven de renovar a súa páxina web, na cal poderedes atopar información do funcionamento da asociación e, por suposto, do Budo Tai Jutsu e das actividades relacionadas con este arte marcial. A páxina é:


tamén atoparedes información de dito arte marcial na nosa páxina, na pestaña correspondente.

Recordámosvos que as actividades que realiza teñen os seguintes horarios

Rapaces de 9 a 14 anos: Luns e Mércors de 19:30 a 20:30

Adultos: Luns e Mércores de 20:30 a 22:00 e Sábados de 11:30 a 13:00

Esperámosvos!!!


viernes, 15 de enero de 2016

Comunicado con respecto á nota de prensa de "el Progreso" con respecto á Escola Municipal de Música de Lugo.

Fai uns días (de feito foi onte) saíu unha nova en "El Progreso" de Lugo con respecto a unha plataforma formada na cidade de Lugo:

Con respecto a cómo está redactada esta nova, A DIRECCIÓN de Centro Daigaku (a saber, José Angel Varela Leonor, director e propietario) debe expresar A SUA DISCONFORMIDADE, tanto nos contidos da nova como na motivación en si da creación de dita plataforma. As opinións dos menstres que desempeñan a súa función no centro non ten por qué ser, necesariamente, a da dirección.

Por partes:

A nova comeza co seguinte texto: "Las escuelas privadas de música de Lugo acordaron unirse en una plataforma para defender sus intereses" sic.
Tal como está redactada, a utilización do artículo "Las" implica que foron TODAS as escolas privadas de ensinanza. Se non se utiliza o artigo, o que implicaría sería que só algunhas escolas forman parte de dita plataforma.
Con respecto a eso, aclarar que con Centro Daigaku NON SE PUXO NINGUÉN en contacto para formar parte de dita plataforma, e, polo tanto non forma parte dela.

Con respecto a "su creación tuvo como consecuencia para ellos "una bajada en el alumndo" algo que ven "esto fue motivado por la falta de regulación en el acceso a misma y los bajos precios" sic.
Dende o punto de vista da planificación empresarial de Centro Daigaku, observamos o seguinte. O sistema de ensinanza do noso centro e o sistema de ensinanza da escola municipal non son os mesmos, e, de feito, non son nin parecidos. Descoñecemos o sistema dos outros centros de ensinanza privados de Lugo. Debido a iso, a política de precios e a política formativa, ó non ser comparables, non se lles pode achacar a outros centros, tanto públicos coma privados, os éxitos ou fracasos en canto a volumen de alumnos do noso centro. Temos prezos que varían segundo os instrumentos e segundo as clases sexan individuais ou colectivas, e recordamos que a oferta formativa na Escola Municipal é, maiormente, de ensinaza colectiva, co cal, asumimos, os prezos de matrícula por asignatura non poden ser altos xa que non hai ensinaza individualizada. En principio, se perdemos alumnos ou non se matriculan, a nosa obriga é pensar, EN PRIMEIRO LUGAR, que estamos a facer algo de xeito erróneo ou que nos estamos equivocando na política empresarial de cara ó alumno. E, no caso de que obxectivamente vexamos que non estamos errados, buscar explicacións externas ó Centro. Na maioría dos casos, en canto a competencia, serías ou ben outros centros formativos privados, ou asociacións culturais ( as cales están dando ofertas formativas sen estar dadas de alta legalmente para elo), PERO NON INSTITUCIÓNS PÚBLICAS, como son en Lugo agora mesmo non só a Escola Municipal de Música senón tamén O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE LUGO. Excusamos dicir que estamos a favor da ensinanza pública, e que a ensinaza privada xurde para cubrir posibles carencias dentro da ensinaza privada, tanto a nivel de oferta formativa como a sistemas educativos propios fora de programacións oficiais e ensinanzas regradas.

No seguinte párrafo falan das motivacións da creación da Escola. Independentemente de que se esté de acordo ou non con dita finalidade, e incluso se a finalidade rexistrada no artigo sexa efectivamente certa, non é nin problema nin competencia dos centros privados de formación musical.

En canto á cantidade das asignaturas ofertadas pola Escola Municipal, no artigo se deduce tamén que a dita plataforma non lle gusta que se den máis asignaturas que as desempeñadas pola propia Banda Municipal de Música de Lugo. De esto se deduce que expresan esto dando por bon que a Escola ten como única finalidade a formación de canteira para a banda. Polo que teño entendido, para ser membro da banda municipal, ademáis de ter que pasar polo concurso-oposición pertinente, xa que pertencen ó corpo de fuincionarios do Concello de Lugo, teñen que posuir unha titulación mínima de música, a cal, agora mesmo, non sei se é suficiente co Grao Elemental ou fai falta tamén ter o Grao Profesional. Recordarlle á xente que a Escola Municipal non funciona como un centro de ensinanza REGRADO, isto é, non espide uha titulación oficial por estudar nela. Polo tanto, ós alumnos que alí estudan non lles chegaría para entrar na Banda Municipal.
Por outra banda, o feito de que se impartan máis asignaturas que as desempeñadas específicamente polos membros da Banda do que fala é do GRAN INTERESE que hai por parte dos profesionais que imparten clase na Escola Municipal de formar á xente NO QUE ELES SABEN, e non ir simplemente a cubrir horas e facer o menos posible. Todo o que sexa aumentar a oferta formativa nuin centro implica maior formación na poboación en xeral destinataria  e fomenta a MOI NECESARIA COMPETENCIA no resto dos centros formativos, públicos ou privados.

Con respecto á última parte do texto, "piden que si existe demanda de otras materias o instrumentos se concierte su enseñanza con los centros privados". Consideramos que o xeito de gañar alumnos é por posuir unha oferta formativa ampla e de calidade, unha cousa é ter convenios colaborqativos puntuais co Concello e outra cousa moi distinta é tratar de cubrir carencias de matrículas a través do Concello.

Despois de todas estas aclaracións, só resta decir que dende Centro Daigaku apoiamos a existencia dunha Escola Municipal de Música en Lugo. Que non consideramos competencia desleal (polo menos ata o momento e coas circunstancias actuais) a política de matrículas de dito centro e que consideramos que os éxitos ou fracasos do noso centro non depende dos éxitos a nivel de matrículas na Escola Municipal. Que dita institución ten fallos? Como todas. Que podía ter mellor xestión? Como calquera outro centro, público ou privado. Que é mellorable? Todo é mellorable. Que ten a culpa da baixada de matrículas noutros centros? Na mesma medida que a apertura de calquera outro centro de ensinaza que supoña competencia para o funcionamento de outras.