lunes, 18 de enero de 2016

Nova paxina web de Bujinkan Kakure Dojo

Como sabedes, dentro das actividades realizadas no noso centro están as denominadas "disciplinas físicas", e unha delas é o Bujinkan Budo Tai Jutsu.

Dita actividade desenrólse nas nosas instalacións como unha actividade xestionada pola Asociación Cultural Bujinkan Kakure Dojo, a cal leva funcionando na nosa cidade dende o ano 1995 en diversos lugares, ata que acabou radicando nas instalacións de Centro Daigaku.

Recentemente ven de renovar a súa páxina web, na cal poderedes atopar información do funcionamento da asociación e, por suposto, do Budo Tai Jutsu e das actividades relacionadas con este arte marcial. A páxina é:


tamén atoparedes información de dito arte marcial na nosa páxina, na pestaña correspondente.

Recordámosvos que as actividades que realiza teñen os seguintes horarios

Rapaces de 9 a 14 anos: Luns e Mércors de 19:30 a 20:30

Adultos: Luns e Mércores de 20:30 a 22:00 e Sábados de 11:30 a 13:00

Esperámosvos!!!


viernes, 15 de enero de 2016

Comunicado con respecto á nota de prensa de "el Progreso" con respecto á Escola Municipal de Música de Lugo.

Fai uns días (de feito foi onte) saíu unha nova en "El Progreso" de Lugo con respecto a unha plataforma formada na cidade de Lugo:

Con respecto a cómo está redactada esta nova, A DIRECCIÓN de Centro Daigaku (a saber, José Angel Varela Leonor, director e propietario) debe expresar A SUA DISCONFORMIDADE, tanto nos contidos da nova como na motivación en si da creación de dita plataforma. As opinións dos menstres que desempeñan a súa función no centro non ten por qué ser, necesariamente, a da dirección.

Por partes:

A nova comeza co seguinte texto: "Las escuelas privadas de música de Lugo acordaron unirse en una plataforma para defender sus intereses" sic.
Tal como está redactada, a utilización do artículo "Las" implica que foron TODAS as escolas privadas de ensinanza. Se non se utiliza o artigo, o que implicaría sería que só algunhas escolas forman parte de dita plataforma.
Con respecto a eso, aclarar que con Centro Daigaku NON SE PUXO NINGUÉN en contacto para formar parte de dita plataforma, e, polo tanto non forma parte dela.

Con respecto a "su creación tuvo como consecuencia para ellos "una bajada en el alumndo" algo que ven "esto fue motivado por la falta de regulación en el acceso a misma y los bajos precios" sic.
Dende o punto de vista da planificación empresarial de Centro Daigaku, observamos o seguinte. O sistema de ensinanza do noso centro e o sistema de ensinanza da escola municipal non son os mesmos, e, de feito, non son nin parecidos. Descoñecemos o sistema dos outros centros de ensinanza privados de Lugo. Debido a iso, a política de precios e a política formativa, ó non ser comparables, non se lles pode achacar a outros centros, tanto públicos coma privados, os éxitos ou fracasos en canto a volumen de alumnos do noso centro. Temos prezos que varían segundo os instrumentos e segundo as clases sexan individuais ou colectivas, e recordamos que a oferta formativa na Escola Municipal é, maiormente, de ensinaza colectiva, co cal, asumimos, os prezos de matrícula por asignatura non poden ser altos xa que non hai ensinaza individualizada. En principio, se perdemos alumnos ou non se matriculan, a nosa obriga é pensar, EN PRIMEIRO LUGAR, que estamos a facer algo de xeito erróneo ou que nos estamos equivocando na política empresarial de cara ó alumno. E, no caso de que obxectivamente vexamos que non estamos errados, buscar explicacións externas ó Centro. Na maioría dos casos, en canto a competencia, serías ou ben outros centros formativos privados, ou asociacións culturais ( as cales están dando ofertas formativas sen estar dadas de alta legalmente para elo), PERO NON INSTITUCIÓNS PÚBLICAS, como son en Lugo agora mesmo non só a Escola Municipal de Música senón tamén O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE LUGO. Excusamos dicir que estamos a favor da ensinanza pública, e que a ensinaza privada xurde para cubrir posibles carencias dentro da ensinaza privada, tanto a nivel de oferta formativa como a sistemas educativos propios fora de programacións oficiais e ensinanzas regradas.

No seguinte párrafo falan das motivacións da creación da Escola. Independentemente de que se esté de acordo ou non con dita finalidade, e incluso se a finalidade rexistrada no artigo sexa efectivamente certa, non é nin problema nin competencia dos centros privados de formación musical.

En canto á cantidade das asignaturas ofertadas pola Escola Municipal, no artigo se deduce tamén que a dita plataforma non lle gusta que se den máis asignaturas que as desempeñadas pola propia Banda Municipal de Música de Lugo. De esto se deduce que expresan esto dando por bon que a Escola ten como única finalidade a formación de canteira para a banda. Polo que teño entendido, para ser membro da banda municipal, ademáis de ter que pasar polo concurso-oposición pertinente, xa que pertencen ó corpo de fuincionarios do Concello de Lugo, teñen que posuir unha titulación mínima de música, a cal, agora mesmo, non sei se é suficiente co Grao Elemental ou fai falta tamén ter o Grao Profesional. Recordarlle á xente que a Escola Municipal non funciona como un centro de ensinanza REGRADO, isto é, non espide uha titulación oficial por estudar nela. Polo tanto, ós alumnos que alí estudan non lles chegaría para entrar na Banda Municipal.
Por outra banda, o feito de que se impartan máis asignaturas que as desempeñadas específicamente polos membros da Banda do que fala é do GRAN INTERESE que hai por parte dos profesionais que imparten clase na Escola Municipal de formar á xente NO QUE ELES SABEN, e non ir simplemente a cubrir horas e facer o menos posible. Todo o que sexa aumentar a oferta formativa nuin centro implica maior formación na poboación en xeral destinataria  e fomenta a MOI NECESARIA COMPETENCIA no resto dos centros formativos, públicos ou privados.

Con respecto á última parte do texto, "piden que si existe demanda de otras materias o instrumentos se concierte su enseñanza con los centros privados". Consideramos que o xeito de gañar alumnos é por posuir unha oferta formativa ampla e de calidade, unha cousa é ter convenios colaborqativos puntuais co Concello e outra cousa moi distinta é tratar de cubrir carencias de matrículas a través do Concello.

Despois de todas estas aclaracións, só resta decir que dende Centro Daigaku apoiamos a existencia dunha Escola Municipal de Música en Lugo. Que non consideramos competencia desleal (polo menos ata o momento e coas circunstancias actuais) a política de matrículas de dito centro e que consideramos que os éxitos ou fracasos do noso centro non depende dos éxitos a nivel de matrículas na Escola Municipal. Que dita institución ten fallos? Como todas. Que podía ter mellor xestión? Como calquera outro centro, público ou privado. Que é mellorable? Todo é mellorable. Que ten a culpa da baixada de matrículas noutros centros? Na mesma medida que a apertura de calquera outro centro de ensinaza que supoña competencia para o funcionamento de outras.