martes, 14 de febrero de 2017

Taller gratuito de Música e Movemento en Centro Daigaku

Despois de moito tempo sen poñer reseñas neste blog, pasamos a anunciar un evento. E dito acontecemento ten que ver cos máis pequenos da casa, xa que para eles é para quen está destinado:

O sábado 4 de marzo de 2017 faremos nas nosas instalacións un Obradoiro de Música e Movemento GRATUITO para cativos de entre 4 e 7 anos de idade. O obxectivo está en amosar a nosa dinámica de traballo en ese rango de idade para fomentar  o amor pola música a través das diversas maneiras que temos de afrontar distintos aspectos didácticos: xogos con instrumentos, escoitas activas, etc.


Se estades interesados en apuntar ós vosos cativos simplemente poñedevos en contacto con nós a través dos medios habituais: 
Teléfono 982873763
E-mail: centrodaigaku@centrodaigaku.es

Ou pasándovos polo propio centro en caso de que teñades calquera dúbida.