miércoles, 28 de febrero de 2018

II Ciclo "Coñece o teu instrumento": Zanfona

Como xa fixemos noutra ocasión, voltamos a organizar unha xornada máis dos nosos ciclos "Coñece o teu instrumento". Dito curso celebrarase nas propias instalacións de Centro Daigaku, na Rúa Rio Lor 41 Baixo

A finalidade de ditos ciclos consiste nun achegamento ó instrumento dende dúas vertentes: 
A primeira é o coñecemento puramente práctico, isto é, achegarnos a técnicas interpretativas propias e características do instruento, e a segunda, xa non tan habitual, é a de coñecer o instrumento xa como obxeto, tanto dende o punto de vista constructivo como de mantemento ou o axuste propio do instrumento en si.


Nesta ocasión temos o privilexio de contar con dous auténticos referentes dentro do mundo da zanfona nestos dous aspectos xa comentados para impartir estas xornadas:

Anxo Pintos será o encargado de achegarnos á parte interpretativa do instrumento, sendo o tema do seu curso o de "técnicas de ornamentación para repertorio tradicional".



Por outra banda, o luthier Jaime Rebollo será o encargado de impartir técnicas de axuste básicas para zanfona, así como mantemento propio do instrumento.


O prezo do curso é de 25€

Os horarios do curso serán os seguintes:

Sábado 24 de marzo: Recepción de 10:00 a 10:30
                                     Curso pola mañá de 10:30 a 13:30 e de tarde de 16:00 a 19:00 
Domingo 25 de marzo: 10:00 a 13:30.

Recordarvos que é necesaria inscripción previa, e que de non ser así non se garantiza a asistencia ó curso por razóns de espazo. As inscripcións faránse via e-mail en centrodaigaku@centrodaigaku.es

Para máis información podédesvos dirixir ó centro via e-mail no correo anterior, por teléfono no 982 873 763 ou presencialmente na Rua Rio Lor 41 baixo